Fernández-Rodríguez, José Julio

Información

Cargo: Miembro Comunidad GIGAPP
Área(s) temática(s):
Ubicación: Santiago de Compostela, España
Descripción:

Formación Académica (Pregrado y Posgrado) Doutor en Dereito e conta, ademais, coas licenciaturas en Dereito (con premio extraordinario) , Ciencias Políticas e Sociais, Xornalismo, e Comunicación Audiovisual. Tamén posúe o Diplomado en Estudios de Seguridade e Defensa. Asimesmo, é profesor titular de dereito constitucional na Universidade de Santiago de Compostela. A formación académica e investigadora de José Julio Fernández nútrese de diversas estadías nas universidades de Bolonia, Pisa, París I (Panthéon-Sorbonne), Aix-Marseille III, Robert Schuman (Estrasburgo), Católica de Lovaina, Colonia, Albert Ludwig de Friburgo i. B., Bayreuth, Nacional Autónoma de México, São Paulo e Lisboa. Tamén ampliou estudos e investigou nos tribunais constitucionais español e portugués, no Centro de Estudios Políticos e Constitucionales (Madrid), e no Max-Planck-Institut für ausländisches öffentliches Recht und Völkerrech (Heidelberg). Na súa actividade científica, intensa e de elevado impacto, presta especial atención aos temas relacionados cos dereitos fundamentais. Deste xeito, os seus libros, capítulos de libros e artigos en revistas científicas superan os cento cincuenta, vendo a luz en trece países diferentes e en sete idiomas. Nas súas liñas de investigación destacan aquelas nas que se analizan diversos aspectos dos dereitos humanos, buscando solucións innovadoras para mellorar a súa eficacia. Como exemplo podense citar os estudios sobre a falta de desenvolvemento da Constitución, os retos que orixina Internet para a garantía e aplicación dos dereitos, a actualización da jurisdicción constitucional, a búsqueda dun adecuado equilibrio entre os conceptos de seguridade e liberdade, e a renovación das defensorías do pobo para manter a súa eficacia na defensa dos dereitos. Entre outras publicacións, destacan: Lo público y lo privado en Internet. Intimidad y libertad de expresión en la Red, Secreto e intervención de las comunicaciones en Internet, Los fundamentos del Derecho Constitucional. Derecho, Estado e Constitución o Defensorías del pueblo en España: una visión prospectiva. Asimesmo, José Julio Fernández forma parte de diversos proxectos de investigación. É conferenciante habitual en eventos académicos e asiste como ponente a congresos nacionais e internacionais. Tamén imparte un elevado número de cursos de doutorado e posgrao en España, Italia, México, Perú, Brasil e Bolivia. Asiste como experto xurídico independente a diversos programas xurídicos internacionais de cooperación e fortalecemento institucional. No ámbito da xestión, posúe una ampla experiencia na organización de cursos, xornadas, congresos e seminarios, ademais de ser o Director do Centro de Estudios de Seguridade da USC-CESEDEN. Toda esta actividade permitiulle obter diversos recoñecementos honorarios en España e no continente americano, entre os que destaca a Cruz do Mérito Naval con distintivo branco do Reino de España e o doctorado honoris causa pola Universidade Antonio Guillermo Urrelu - Cargo/Ocupación Actual Valedor do Pobo de Galicia Adscripción Institucional - Organización Valedor do Pobo